Terras de Celanova e Serra do Xurés

RUTA TORRENTE-SALGUEIRO

RUTA TORRENTE-SALGUEIRO

Ascende atravesando unha zona de bosque ata chegar á ermida da Clamadoira, con boas vistas da zona.

O percorrido iníciase nas inmediacións da Reitoral de San Pedro, despois de visitar os muíños de Torrente. Ascende atravesando unha zona de bosque ata chegar á ermida da Clamadoira, con boas vistas da zona. Continúa por unha zona de mato ata a aldea de Prado, seguindo pola beira do río Salas e do Torrente de Salgueiro.

O final do itinerario está na ecoaldea de Salgueiro, de acceso regulado (11 km ida). A posibilidade de tránsito debe consultarse coa oficina do Parque Natural en Lobios (988 788 755 ou parque.natural.xures@xunta.gal).