Terras de Celanova e Serra do Xurés

Capela da Aparecida (Porqueirós)

Capela da Aparecida (Porqueirós)

Esta capela contén ademais un belo retablo barroco.

Esta edificación sitúase entre o encoro de As Conchas e o de Salas. É un edificio modesto de planta rectangular e pequenas dimensións cun enorme pórtico coroado por unha pequena espadana. Esta capela contén ademais un belo retablo barroco.

Nas súas inmediacións encontramos A Fonte Santa, unha fonte á que se atribúen propiedades milagreiras. A súa romería é o 4º domingo de agosto.