O Corgo. Complexo Turístico – deportivo

O Corgo. Complexo Turístico – deportivo

Praias e zonas de recreo, así como aloxamento en forma de cámping ou albergue.


Preto de Mugueimes, a beiras do encoro das Conchas, sitúase este complexo de lecer onde podemos atopar, entre outros servizos, praias e zonas de recreo, así como aloxamento en forma de cámping ou albergue.

Ademais é un dos puntos de acollida do centro BTT Serra do Xurés onde é posible alugar bicicletas e informarse dos roteiros que forman parte desta oferta de turismo deportivo.