Terras de Celanova e Serra do Xurés

CRUCEIRO E CAPELA DE SAN MAMERTO

CRUCEIRO E CAPELA DE SAN MAMERTO

Capela e fermosa cruz
A capela está adicada a San Mamerto e o cruceiro, que está preto da capela, está situado nunha rocha. É de talla rústica sobre base de tres chanzos, de sección cadrada na parte inferior e na parte superior. No centro presenta arestas labradas que o fan de sección octogonal.Nesta base, a cruz presenta un corte cadrado na que están labradas no anverso as figuras de Cristo crucificado e no reverso a imaxe da Virxe. Aparece unha lenda datada en 1892.