Restaurante Lusitano

Restaurante Lusitano

O restaurante recibiu no ano 2014 o Premio Álvaro Cunqueiro de Gastronomía

O Lusitano abriu as súas portas en 1930 da man de Luís Díaz, un emprendedor de orixe portuguesa afincada en Lobios. Desde entón a familia Díaz leva atendendo ininterrompidamente a clientes habituais e turistas de todo o mundo.

No ámbito gastronómico, o restaurante recibiu no ano 2014 o Premio Álvaro Cunqueiro de Gastronomía, pola súa traxectoria culinaria combinando as tradicións gastronómicas da zona con produtos de calidade e innovación para adaptarse aos novos tempos.