Terras de Celanova e Serra do Xurés

Igrexa San Breixo de Celanova

Igrexa San Breixo de Celanova

Antiga igrexa parroquial da vila; na actualidade está convertida nunha especie de ermida

Antiga igrexa parroquial da vila; na actualidade está convertida nunha especie de ermida anexa ao cemiterio parroquial.

Perdeu dous retablos e imaxinería e conserva unicamente como valor artístico a súa boa obra de fábrica en cantería, na que destaca a fachada e sobre todo a espadana, obra realizada en 1745, cos seus motivos decorativos, copiados frecuentemente polas igrexas da comarca.