Terras de Celanova e Serra do Xurés

MUSEO ETNOGRÁFICO DE LOIRO

MUSEO ETNOGRÁFICO DE LOIRO

Museo de Barbadás: reflexo da vida rural galega no século XX.
Este Museo nace conxuntamente da vontade institucional do Concello de Barbadás e do esforzo dos veciños por preservar a memoria desta vila e con ela trátase tamén de lembrar a vida cotiá do século XX a través dos obxectos cedidos polos veciños e veciñas. que A Asociación Cultural “Loiro na Memoria” foi a encargada de recoller, restaurar e clasificar, creando así un ambiente no que se reflictan a vida cotiá e os costumes do rural galego. A primeira parte do percorrido reproduce a vida na casa. As distintas cociñas e o dormitorio lémbranos unha forma de vida que aínda está moi presente na memoria colectiva. Aquí lémbrase algunhas profesións como modista, lavandeira e cazadora. A continuación, o traballo do campo cobra protagonismo e entre os aparellos de labranza tamén se lembran leiteiras, carpinteiros e zapateiros. Tamén se inclúe un apartado dedicado ao colexio, comercios e ritos relixiosos que compuñan o tempo que non se dedicaba ao traballo nin ao fogar. Todo isto vai acompañado dunha exposición de máis de 400 fotografías que mostra a evolución na forma de vestir e nos costumes sociais e que pretende converterse nunha homenaxe aos devanceiros dos veciños de Loiro.