Sendeirismo
Os camiños das Terras de Celanova e Serra do Xurés
Sendeiro Corga da Fecha
Este sendeiro lévanos polo antigo trazado da Vía Nova romana, que unía Braga con Astorga
Este sendeiro lévanos polo antigo trazado da Vía Nova romana, que unía Braga con Astorga. A uns 50 metros da ponte que cruza o regato da Corga da Fecha, o camiño ascende paralelo ao río, sendo posible bañarse nalgunha das pozas de augas cristalinas.
Aínda que non está sinalizado por ese lado, tamén é posible comezar a ruta nos miliarios da Ponte Nova. Neste caso, o camiño descende pola parte restaurada da Vía Romana XVIII e continúa ata 50 metros antes da ponte, onde novamente é posible encamiñarse ata a Cabaniña do Curro ou continuar cara a vila termal.
CAMIÑO NATURAL VÍA NOVA
Pasa polo monumento megalítico Casa da Moura
RUTA DO RÍO VILAMEÁ
No percorrido visitamos ata doce muíños, algúns deles restaurados.
Entre os seus atractivos conta cun conxunto de muíños restaurados, rápidos, fervenzas e mesmo pozas.
Sendeiro Corga da Fecha
Este sendeiro lévanos polo antigo trazado da Vía Nova romana, que unía Braga con Astorga
O percorrido lineal discorre por unha zona de forte pendente e atravesa áreas de gran valor do P.N.
Ascende atravesando unha zona de bosque ata chegar á ermida da Clamadoira, con boas vistas da zona.