Sendeirismo

Os camiños das Terras de Celanova e Serra do Xurés

RUTA INCLUSIVA DA VEREA VELLA

RUTA INCLUSIVA DA VEREA VELLA

Camiña entre historia e natureza, con rutas accesibles, vistas impresionantes e arquitectura rural. Actividades culturais e recreativas enriquecen a experien...

Nesta ruta camiñarás sobre as pegadas da historia seguindo o “Camiño dos Zapateiros”, por ser o itinerario que realizaban os zapateiros de Vilanova dos Infantes a Allariz para vender os zapatos e, á súa vez, comprar as peles para o seu traballo. Algo máis de 5 km (dun total de 16) percorren parte do territorio do Concello de A Bola, rodeados dunha zona de especial interese etnográfico e natural. Atopámonos entre o val do Arnoia e as cumbres da Serra de Monte Calvo. O percorrido é inclusivo e incorpora códigos QR con información en varios idiomas, conta tamén con escritura braille na súa sinalización. A TER EN CONTA: • Moi próxima ás localidades de A Bola, Alvarín e Podentes. • Pódese realizar partindo das Vilas de Vilanova dos Infantes ou Allariz. • Toda a ruta transita por camiños e pistas en moi bo estado con moi pouco desnivel. ELEMENTOS DE INTERESE: Un dos puntos máis destacados é o Penedo de A Bola, unha impoñente formación granítica moi próxima á aldea de A Bola, que dá nome ao municipio e ofrece unhas vistas espectaculares da zona. Ao longo do camiño, podemos achegarnos á arquitectura relixiosa rural, visitando as igrexas de Santa Leocaia de Soutomel e Santa María de Podentes, ambas situadas preto do percorrido. A paisaxe que rodea a ruta está dominada por carballeiras, soutos e terras de cultivo. As aldeas tradicionais con casas de pedra e tellados de teixa son tamén un dos atractivos desta ruta. Ao f inal do percorrido, as panorámicas do val do Arnoia e a Serra de Monte Calvo ofrecen unhas vistas impresionantes, facendo desta ruta unha experiencia única. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: Romería de San Cibrao: Celébrase o último fin de semana de agosto no alto do Monte Calvo (teito do concello) onde, ademáis, existen restos megalíticos. Área recreativa do río Ourille: dispón de zona de baño fluvial, piscina, pistas deportivas e barbacoas. Arquitectura relixiosa do concello: Atopamos numerosas igrexas e cruceiros de imprescindible visita: San Munio da Veiga, San Mamede de Sorga, Igrexa Barroca de Santa Baia da Bola e o seu retablo. A Festa do Magosto Municipal de A Bola: A xente participa activamente, promovendo a cultura local a través da música, danza e gastronomía típica.