Historia

Descobre o noso patrimonio

Castromao (castro)

Castromao (castro)

Un dos principais referentes da cultura dos castras do Noroeste peninsular

O xacemento arqueolóxico de Castromao pasa por ser un dos principais referentes da cultura dos castros do Noroeste peninsular, tanto pola súa longa presenza no tempo (polo menos desde o século V a.C. ata o século II d.C), como pola riqueza documental que saíu á luz a partir das sucesivas escavacións e investigacións.

A aparición de pezas tan singulares como o coñecido, por único, trisquel calado de Castromao, a tabula non menos coñecida de Castromao, a figura zoomorfa, tamén única, ou o tesorillo de moedas do século I, todas elas conservadas no Museo Arqueolóxico Provincial, son algunhas das referencias que referendan esta afirmación.