Historia

Descobre o noso patrimonio

Igrexa visigótica de Santa Comba

Igrexa visigótica de Santa Comba

Datada no s.VII, é a única construción que se conserva dun antigo mosteiro.

Datada no s.VII, é a única construción que se conserva dun antigo mosteiro, sendo declarada Monumento Histórico Artístico en 1921. De reducidas dimensións, o exterior caracterízase polo sabio xogo de volumes.

Presenta unha planta de cruz grega, precedida dun pórtico aos lados do cal se dispoñían dúas estancias.

O interior, dunha grande austeridade, está totalmente abovedado, fóra das estancias laterais que presentan teitume de madeira.