Concello de Bande
Las aguas del río Limia ocultan y dejan ver a su económico capricho, los vestigios de la historia.

CAMIÑO DE SAN ROSENDO
A ruta percorre unha vía romana secundaria, conectando pequenas aldeas e camiños antigos onde destacan exemplares de castiñeiros centenarios. Rubiás é un punto destacado, construído sobre o importante castro de Rubiás, lugar de achados como a Cabeza do Guerreiro do século I d.C. Ao longo do percorrido, atoparemos petos de ánimas, canastros e capelas que reflicten o rico patrimonio de Bande. A capital, aínda fóra do itinerario, é visita obrigada para visitar os carballos da Sementeira ou a igrexa parroquial de San Pedro. Desde alí o camiño diríxese cara Celanova pasando polo alto do Vieiro. A TER EN CONTA: • Esta ruta do Camiño de Santiago de San Rosendo e da Raínha Santa une Braga con Ourense, conectando coa Vía da Prata. • Recoméndase levar auga e visitar as fontes das aldeas. • O municipio ten servizo de taxis, aloxamentos e restauración. ELEMENTOS DE INTERESE: O municipio de Bande destaca por unha riqueza patrimonial única. A Igrexa visigoda de Sta. Comba é un dos seus maiores tesouros, xunto co Campamento Romano de Aquis Querquennis, a mansio romana e as termas en Porto Quintela. A Vía Romana XVIII conecta estes lugares, cruzando bosques de frondosas e castiñeiros centenarios entre Vilela e Bande, onde se atopa a Capela de Vilela. O río Limia e o Encoro das Conchas engaden beleza natural. A aldea de Rubiás, sobre o antigo castro, ofrece un conxunto etnográfico de canastros de madeira. Outros puntos de interese son a Capela de San Antonio de Recarei, a Igrexa de San Pedro, os carballos catalogados de Bande e a Fonte do Alto do Vieiro. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: O Mercado do Xurés, celebrado o primeiro domingo de cada mes, é unha oportunidade para descubrir produtos locais. Entre as rutas destacadas están o Roteiro do Monte Grande, que inclúe unha aula arqueolóxica, mámoas, petroglifos e o foxo do lobo das Cobateiras; diversas rutas de sendeirismo como o Roteiro dos Petos, a Gran Ruta Transfronteiriza Gerês Xurés, o Sendeiro do Río Badella e a ruta Bande-Leboreiro. Imprescindible é visitar o Centro de Interpretación Aquis Querquennis e o xacemento arqueolóxico do campamento romano, que ofrece visitas guiadas, así como o Centro de Visitantes Porta de Bande, adicado á historia romana. Para finalizar, as Termas de Aquis Querquennis son o broche de ouro da xornada.










































