Arqueo Xurés
Aquis Querquennis
Conxunto arqueolóxico formado por un campamento militar
En Porto Quintela, no Concello de Bande, a só 8 km. da capital do municipio, localízase o complexo arqueolóxico romano Aquis Querquennis.
As intervencións levadas a cabo ata o día de hoxe permiten diferenciar o Campamento militar, un dos máis importantes, escavados, na península ibérica así como a mansión Viaria e a pousada de viaxeiros.
Atravesa o lugar a Vía Nova ou Vía XVIII, calzada romana principal, que unía Braga e Astorga. Hoxe en día converteuse nun camiño natural que se pode percorrer a pié ou en bicicleta.

Aquis Querquennis
Conxunto arqueolóxico formado por un campamento militar


Mansio Aquis Oríginis
A mansio era un lugar de descanso situado nas inmediacións de calzadas romanas con gran tránsito.

Megalitos do Val do Salas (necrópole de Outeiro de Cavaladre)
Un completo exemplar de dolmen coa cámara poligonal.