Concello de Cartelle

RUTA DO SANTO
O noso percorrido comeza xunto á ponte centenaria de A Ponte Nova, tamén coñecida como Ponte de Grixó, situada sobre o río Arnoia na estrada OU 0214. Esta ruta, sinxela e accesible, mergúllanos no fermoso bosque de ribeira que bordea o río Arnoia, un espazo de gran valor natural. O camiño adquire un encanto especial grazas á intervención artística de Pepe Álvarez, cuxas obras engaden un toque máxico ao percorrido. Ademáis, atoparemos muíños tradicionais que evocan a vida doutros tempos e camiñaremos polo xardín da vella Moura, gardiá lendaria deste lugar desde tempos remotos. A ruta remata na rústica ermida do santo, adicada a San Bartolomeu, patrón das augas, onde a historia e a natureza fúndense nun escenario único e inesquecible. A TER EN CONTA: • Con chuvias abundantes, risco de desbordamento do río. ELEMENTOS DE INTERESE: A Ponte Nova, do século XVII, é un símbolo histórico que conecta a praia fluvial e a área recreativa do mesmo nome, espazo ideal para o lecer. O río Arnoia, o máis longo da provincia de Ourense, acompaña esta contorna rica en natureza, salpicada de ceñas e muíños tradicionais que evocan tempos pasados. A intervención artística de Pepe Álvarez engade un toque máxico, con elementos que destacan a beleza do lugar. A Cova da Moura, envolta en lendas, é outro punto de interese, mentres que a Ermita de O Santo, erguida sobre o antigo castro do Monte do Santo e vinculada ao mosteiro de Celanova, é un espazo cargado de espiritualidade e historia. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: A Ruta do Río Gato ofrece unha experiencia única entre natureza e historia, destacando o abundante patrimonio relixioso de época barroca presente na zona. A Fortaleza de Sande, do século XII, doada ao mosteiro de Celanova polo rei Afonso VII, brinda unha ampla panorámica sobre as fermosas terras do Ribeiro e os vales do Miño e Arnoia. A Ponte Romana de Freixo, xunto coa área recreativa no río Arnoia, é un lugar ideal para gozar da beleza natural e do legado histórico da contorna.















